Este venres 14 de xaneiro a área sanitaria de Pontevedra-O Salnés contabiliza 7.241 casos activos de coronavirus, son 631 máis que onte xoves. Nas últimas 24 horas confirmáronse 1.046 novos contaxios nas probas diagnósticas practicadas.
Continúa o axuste nos datos oficiais de covid-19 derivado da aplicación do novo protocolo do Servizo Galego de Saúde (Sergas), que establece unha alta médica automática para os enfermos de coronavirus, sen necesidade dun parte sanitario ou unha proba diagnóstica, aos dez días de diagnosticarse a doenza, ben vía PCR ou ben a través dun test de antíxenos en casa. Ademais inclúense no cómputo de positivos os datos dos casos detectados por autotest en domicilio.
Os datos actualizados que traslada o Sergas sitúan en 63 os pacientes de Covid ingresados en planta de hospitalización, son cinco menos que onte. Hai 53 (sete menos) no Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra, 2 (un máis) no Hospital QuirónSalud Miguel Domínguez e 8 no Hospital do Salnés.
Na Unidade de Coidados Intensivos (UCI) de Montecelo Así mesmo hai 7 pacientes críticos (un menos).
Actualmente permanecen 7.171 casos de coronavirus evolucionando en domicilio cunha sintomatoloxía leve ou asintomáticos.
Desde o inicio do plan de continxencia pola pandemia curáronse 30.508 pacientes. Nas últimas 24 horas un total de 414 persoas superaron a covid-19.
Faleceron por este virus na área sanitaria 236 pacientes, a última, no Hospital do Salnés, unha muller de 86 anos que presentaba patoloxías previas.
En canto á realización de probas PCR, nas últimas 24 horas fixéronse 2812, que se engaden ás 376.039 xa efectuadas desde o inicio da pandemia na área sanitaria de Pontevedra-O Salnés onde tamén se practicaron 199.651 probas de antígenos e outras 117.362 probas distintas de detección da covid-19.
GALICIA
A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 64.781 deles 13.049 son da área da Coruña, 6.683 da de Lugo, 8.048 da de Ourense, 7.241 da de Pontevedra, 15.902 da área de Vigo, 10.089 da de Santiago e 3.769 da de Ferrol.
Do total de pacientes positivos, 53 están en UCI, 488 en unidades de hospitalización e 64.240 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 251.583 persoas curadas, rexistrándose 2.836 falecementos.
O número de PCR realizadas é de 3.448.117.
O número de doses de vacina contra a covid-19 administradas é de 6.093.798.