O Nadal arrincou con forza en Poio, non só polas luces e decoración instalada en cada parroquia.
A carpa Poio Máxico, instalda na Seca, viviu este sábado 7 de decembro a súa primeira gran actuación para os nenos e nenas do municipio.
Correu a cargo de Juan D e Beatriz, presentadores dos Lunnis en TVE.
Durante algo máis dunha hora os populares presentadores cantaron e bailaron facendo as delicias dos pequenos, e acompañados polos seus inseparables amigos MioMio, Hada Mariana, Siderot e Escondino.
Presentaron o espectáculo titulado 'Superhits'.
Non será a única actuación dos próximos días na carpa Poio Máxico.
Por alí pasará tamén o mércores 25 de decembro (18.00 horas) o espectáculo de maxia 'Magicspace' de Pedro Volta, e o día 2 de xaneiro (18.00 horas) os populares Cantajuego presentando 'Tallarín, un mundo máxico'.
Todas as actividades de Nadal en Poio don gratuítas, tanto nas Aldeas de Nadal como na carpa Poio Máxico, até completar o aforamento dispoñible.