Paz Lago, concelleira de Cultura e Educación, presentaba este xoves as actividades que levarán a cabo nestas festas de Nadal con propostas para todas as idades. A responsable do programa considera que este ano será "diferente" coa participación das asociacións e con ofertas ilusionantes para as familias. Imprimiranse 3.000 exemplares do programa, que se repartirá nos centros educativos do municipio antes de que finalice o curso.
O 22 de decembro comezarán os obradoiros na casa de cultura de Adina, que terán continuidade no Pazo Emilia Pardo Bazán e no pavillón de Vilalonga. As prazas están limitadas e as persoas interesadas deberán chamar ao 986.72.79.36.
Neste mes de decembro, Papá Noel chegará o 24 de decembro á Casa de Don Fernando en Portonovo, que se converterá en Portonorte. Os nenos e nenas poderán visitar as instalacións municipais e tampouco faltará a Papanoelada solidaria en bicicleta, organizada polo Club Corbelo.
Xa na xornada do 25, na igrexa de Noalla, a Asociación Cultural da comisión de Festas Virxe do Carme de Noalla organizará en colaboración con outros colectivos da parroquia o tradicional Belén Vivente. Ás 13.00 horas organizarase na Escola Infantil de Aios, organizada pola Asociación Xuvenil Os Raposos de Aios.
Durante o 26, a chaira do porto de Portonovo será escenario de 'Un conto de Nadal', en sesións de 17.00 e de 20.00 horas, con intervención de seis artistas de Oca Band. A entrada terá un custo de 10 euros.
O 27, 28 e 29 de decembro, o pavillón de Baltar acollerá Nadal Aventura, un parque para escolares de máis de 12 anos. Haberá rocódromos, area nerf ou o touro mecánico. O horario será de 19.00 a 22.00 horas.
O Pazo de Emilia Pardo Bazán ofrecerá o 29 de decembro a obra 'Rosalía', do ciclo Teatro Nadal en Rede dá Secretaría xeral de Política Lingüística. Xa ás 19.00 horas chegará o Apalpador a Sanxenxo.
O 31 de decembro para finalizar o ano celebrarase o clásico Fin de Ano adiantado na Praza Pascual Veiga, organizada pola Asociación O Cubreio e o Concello de Sanxenxo en colaboración con locais comerciais. Ese mesmo día chegará unha das principais novidades da programación, un mergullo solidario na praia de Silgar a partir das 16.30 horas. Está organizado polo colectivo Aladina para axudar a poboación infantil con cancro. O donativo é de cinco euros.
E pola noite será o momento, a partir das 20.00 horas, de gozar dos fogos de artificio que serán lanzados desde o Porto deportivo Juan Carlos I.
O 2 de xaneiro chegará o Circo de Nadal, un espectáculo da compañía A Festa Escénica, con dúas sesións, ás 17.00 e ás 19.00 horas no Pazo de Pardo Bazán. A entrada custará seis euros.
O 3 e o 4, en sesión de tarde, celebrarase Sanxenxolandia, para escolares de 3 a 12 anos, no pavillón de Baltar.
A recepción dos Reis Magos será o 5 de xaneiro, tamén pola tarde, na Sala Nauta, a partir das 16.30 horas. Pola mañá dese mesmo día, o Tren Mago percorrerá as parroquias anunciando a recepción.
Xa na xornada de Reyes, ás 19.30 horas, a Banda de Música Municipal de Sanxenxo ofrecerá o tradicional concerto no Pazo de Pardo Bazán.