Nace Protección Civil Oitavén - Tea, a agrupación máis grande de Galicia para atender 6 concellos

Soutomaior
16 de maio 2024

Soutomaior, A Lama, Fornelos de Montes, Mondariz, Mondariz Balneario e Covelo. Estes seis concellos van da man na nova agrupación de Protección Civil Oitavén -Tea. Os alcaldes dos seis concellos asinaron este xoves no Castelo de Soutomaior o convenio de constitución 

Presentación de Protección Civil Oitavén - Tea
Presentación de Protección Civil Oitavén - Tea / Concello de Soutomaior

Soutomaior, A Lama, Fornelos de Montes, Mondariz, Mondariz Balneario e Covelo. Estes seis concellos van da man na nova agrupación de Protección Civil Oitavén -Tea, que se converteu este xoves na agrupación máis grande de Galicia.

Os alcaldes dos seis concellos asinaron este xoves no Castelo de Soutomaior o convenio da agrupación. Esta nova entidade nace como resultado dun gran acordo entre alcaldes de distintas cores políticas.

Os seis concellos pasarán a ter novo equipamento e maximizan o rendemento de Protección Civil prestando un mellor servizo a un menor custo. As sedes estarán en Soutomaior e Mondariz.

Ademais, a nova agrupación ten opción a mellores subvencións, o que a súa vez repercutirá na obtención de máis e mellor material para executar as súas funcións. Contará con 4 vehículos: 2 todoterreos, 1 furgoneta, 1 turismo, 2 remolques de emerxencia, 2 carpas, 1 moto e equipamento para operativos especias e atención sanitaria. 

De acordo co negociado coa Dirección Xeral de Emerxencias, esta nova agrupación conta con profesionais con ampla formación no sector das emerxencias contratado a tempo completo. 

Con esta cohesión os seis concellos que conforman esta agrupación pasarán a ter un operativo de Protección Civil con máis de 30 voluntarios, unha cifra que se incrementará nos vindeiros meses coa incorporación de novos voluntarios que na actualidade están realizando cursos formativos.  e, froito da unión, terá un importante incremento de recursos e persoal, o que a súa vez suporá a mellora da prestación de servizos.

Estiveron presentes os alcaldes de Soutomaior, Manu Lourenzo; Mondariz, Xoán Carlos Montes; Mondariz Balneario, César Gil; A Lama, David Carrera; Covelo, Juan Pablo Castillo; e Fornelos de Montes, Emiliano Lage.

Esta nova agrupación estará presidida por Mónica Oliveira, que tamén estivo presente no acto. Acudiron igualmente Cesáreo Portas, presidente da Agrupación de Protección Civil de Cangas; Juan Benito Insua, xefe da área técnica de Emerxencias da Xunta de Galicia; e Joaquín Queizán xefe de sala do CECOP.

O alcalde anfitrión, Manu Lourenzo, agradeceu a boa disposición de todos os rexedores dos diferentes partidos políticos que conforman estes concellos e sinalou que hai representantes de "PSOE, PP, BNG e Independente, partidos, todos eles, que traballaron por un gran acordo que vai mellorar a calidade de vida da nosa veciñanza de todos os municipios".