Na provincia 1.332 mulleres son vítimas da violencia de xénero

Pontevedra
26 de novembro 2022

A cidade de Pontevedra acolleu este venres dúas concentracións con motivo da celebración do Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres. Unha foi diante da Audiencia de Pontevedra ás oito da tarde e a outra tivo lugar media hora despois na Praza da Peregrina

Concentracións con motivo do Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres / Mónica Patxot

A cidade de Pontevedra acolleu este venres dúas concentracións con motivo da celebración do Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres.

Unha foi diante da Audiencia de Pontevedra ás oito da tarde e a outra tivo lugar media hora despois na Praza da Peregrina.

Os participantes deixaron claro que a violencia contra as mulleres é undos problemas máis graves ao que se enfronta a nosa sociedade.

En Galicia afecta a 4.146 mulleres, 1.332 na provincia de Pontevedra, segundo consta no Sistema de Seguimento Integral dos casos de Violencia de Xénero, o Sistema VioGén. 

Unhas cifras intolerables que poñen de manifesto unha realidade que non se pode negar, normalizar ou banalizar e que evidencian unha violencia estrutural cara á metade da poboación.

 

Arquivado en