Na prórroga de ENCE, "no interfiere para nada el Gobierno", segundo a ministra de Medio Ambiente

Pontevedra
26 de xaneiro 2016

Isabel García Tejerina explicou que a concesión ten como obxectivo que a empresa "poida seguir funcionando e poida seguir mantendo todo o emprego que xera" en Pontevedra. Insiste en que Ence "ten unha actividade moi importante" e comprometeu "investimentos moi importantes en Pontevedra".

Isabel García Tejerina, ministra de Medio AMbiente
Isabel García Tejerina, ministra de Medio AMbiente / Mónica Patxot

A ministra de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente, Isabel García Tejerina, tamén se referiu este martes á noticia de que o departamento que ela dirixe prorroga durante 60 anos a concesión para que a empresa Ence poida continuar nos terreos de Lourizán.

A pesar de que se trata dunha autorización gobernamental, asegurou que se trata dunha resolución administrativa na que "no interfiere para nada el Gobierno".

Respecto diso, a ministra insistiu en que é "una decisión que escapa completamente" ao Goberno, senón que é un paso máis nun trámite administrativo no que se seguiron os pasos estipulados e finalmente concedeuse a prórroga porque "cumple todos los requisitos".

En declaracións aos medios de comunicación en Madrid, a ministra Tejerina explicou que a concesión ten como obxectivo que a empresa "pueda seguir funcionando y pueda seguir manteniendo todo el empleo que genera" en Pontevedra. Insiste en que Ence "tiene una actividad muy importante" e comprometeu "inversiones muy importantes en Pontevedra".

Arquivado en