Na Deputación provincial desenvolveuse este venres 13 un pleno extraordinario con motivo da renuncia ao cargo de tres deputados das ringleiras populares: o alcalde de Salvaterra, Arturo Grandal Vaqueiro; o concelleiro de Tomiño; Pablo Baquero Álvarez e o alcañde do Porriño, José Nelson Santos Argibay. Os tres serán substituídos polos compañeiros de partido: o alcalde de Oia, Alejandro Rodríguez; o portavoz municipal do PP en Arbo, Horacio Gil Expósito e o alcalde de Tui, Moisés Rodríguez.
No apartado de rogos e preguntas o deputado socialista, José Antonio Cacabelos, dirixiuse ao presidente para mostrar o seu malestar pola falta dun protocolo para situar os deputados na saída da primeira etapa de La Vuelta ciclista a España. Rafael Louzán sinalou que a organización lle correspondía á empresa Unipublic e, sinalou "que nadie excepto o presidente da Deputación, da Xunta e a ministra de Fomento, nadie tiña un sitio reservado. Houbo xente que tivo que quedar fora da valla pero non creo que fose o seu caso. Pero se lle gusta o protocolo, terémolo en conta para noutra ocasión".
Pero Cacabelos centrouse, sobre todo, en preguntar polos gastos derivados da organización das tres primeiras etapas na provincia como "800 mil euros en publicidade e 30 mil euros en cátering". O presidente provincial respondeu numerando gastos doutros eventos realizados por gobernos socialistas e díxolle a Cacabelos: "aquí a razón e a opinión pública non lle asiste". Rafael Louzán continuou referíndose ao ex alcalde grovense que "eu lle diría que no seu municipio lle pregunte o sector da hostelería para sacar algunha conclusión importante. Vostede ten que xustificar máis todavía porque O Grove tivo un papel determinante e vostede ten que tentar ver que non foi o que realmente foi pero iso é o seu problema, non é o meu".
O deputado socialista tamén preguntou polo "proxecto faraónico" das Pousadas do Salnés e Louzán respondeulle que "está xerando moitos beneficios e a Deputación foi premiada pola boa xestión dese proxecto con 1,5 millóns de euros. Iso é que os técnicos o fan realmente ben".
Rafael Louzán, a preguntas do deputado nacionalista César Mosquera, tamén fixo referenza ao proxecto de recollida de residuos indicando que "está moi avanzado" e anunciou que se está finalizando el proceso de adhesión de Concellos a esta iniciativa.