Música, teatro e unha gran cabalgata de Reis Magos, protagonistas no Nadal de Cerdedo-Cotobade

Cerdedo-Cotobade
10 de decembro 2021

Música, teatro e unha gran cabalgata dos Reis Magos encherán o municipio de Cerdedo-Cotobade durante este Nadal. O alcalde, Jorge Cubela, presentou este venres a programación, que estará orientada a todas as familias e aos máis cativos

Visita dos Reis Magos a Cotobade
Visita dos Reis Magos a Cotobade / Concello de Cerdedo-Cotobade

Música, teatro e unha gran cabalgata dos Reis Magos encherán o municipio de Cerdedo-Cotobade durante este Nadal. O alcalde, Jorge Cubela, presentou este venres a programación, que estará orientada a todas as familias e aos máis cativos.

O pistoletazo de salida destas actividades produciuse o pasado luns 6 de decembro co obradoiro de debuxo 'Debuxando a Petra', impartido no Centro Sociocultural de Tenorio e dirixido a nenos de entre 8 e 12 anos. A iniciativa foi de Culebras Studio en colaboración coa Mancomunidade Terras de Pontevedra.

Despois dun pequeno parón, a oferta continuará o sábado 18 de decembro coa representación teatral 'Mestre ma non troppo' no Centro Cultural de Cerdedo. Ás 19:00 horas a compañía Bandullo Azul, formada polos actores e cómicos Fran Ameixeiras e Fran Campos, que interpretarán "unha comedia triste, un sorriso acedo que nos acompaña de volta á casa convidándonos a pensar sobre a nosa propia actuación e sobre as nosas metas".

A partir das 18:30 horas do domingo 19, o espectáculo infantil-musical 'Merenda con pan de millo', a cargo da compañía Migallas Teatro no Centro Sociocultural de Tenorio, traerá de volta o teatro ao municipio.

Esta obra está baseada no libro-disco Pan de millo, editado pola Editorial Kalandraka e coa produción musical a cargo de Paulo Nogueira e Magoia Bodega, do grupo Treixadura. Nel combínanse cancións e narración oral, co proceso de elaboración do pan de millo como fío condutor.

O luns 20, Papá Noel visitará os centros educativos do concello para que os nenos e as nenas o coñezan un pouco mellor.

O xoves día 23 haberá unha festa infantil no pavillón de deportes de Carballedo a partir das 17:00 horas, que se repetirá o xoves seguinte, 30 de decembro, a partir das 17:00 horas, mudando a ubicación ata o pavillón de deportes de Cerdedo.

O 26 de decembro a música será a gran protagonista co Concerto de Nadal da Banda de Música de Cerdedo a partir das 18:30 horas no Centro Cultural de Cerdedo. Case de forma paralela, a partir das 19:30 horas, no novo Centro Sociocultural de Tenorio a Banda de Música de Tenorio encargarase do Concerto de Nadal.

Os días seguintes, o 27, 28 e 29 a partir das 17:00 horas, haberá na Casa Consistorial de Carballedo un obradoiro de cestaría.

A oferta teatral de decembro completarase o martes 28 ás 19:00 horas no Centro Cultural de Cerdedo, coa posta en escena da obra 'O Soño dos Golfiños', un espectáculo musical infantil da compañía Golfiños protagonizado por Elena Paz Alonso (voz), Jesús Moares Lameiro (teclado) e Javier Ricardo Álvarez Fernández (guitarra).

Neste espectáculo Os Golfiños viaxarán por un mar de música cun repertorio moi variado, cantando novos temas e lembrando as súas cantigas de sempre. Durante esta viaxe, haberá tempo para bailar, xogar, cantar, rir e soñar, gozando en familia deste divertido concerto.

Para acabar o ano, o mércores, 29 de decembro, o auditorio do Centro Cultural de Cerdedo acollerá a partir das 19:30 horas o Festival de Nadal a cargo da Escola de Música de Cerdedo.

Xa no 2022, concretamente o día 3 de enero, o Apalpador baixará dende os montes de Cerdedo-Cotobade ata Borela para visitar aos cativos. Será a partir das 13:00 horas.

Finalmente, os Reis Magos recorrerán os lugares do municipio o 5 de xaneiro para recoller as cartas dos nenos e nenas e saudar ás familias. Este percorrido dará comezo ás 10:00 horas na Casa do Pobo de Santa María de Sacos e finalizará ás 13:45 horas na Casa Escola de Augasantas.

Antes de emprender o camiño de volta, as Súas Maxestades protagonizarán unha cabalgata polas rúas e no pavillón de Cerdedo a partir das 17:00 horas.