Música e castañas mestúranse no tradicional magosto de Trépia

Pontevedra
12 de novembro 2017

A praza da Pedreira foi un ano máis o lugar elixido pola asociación cultural Trépia para celebrar o seu tradicional magosto, unha celebración que, como non podía ser doutro xeito, incluíu moita música, baile e festa rachada

Magosto-foliada de Trépia na Pedreira
Magosto-foliada de Trépia na Pedreira / Diego Torrado

A praza da Pedreira foi un ano máis o lugar elixido pola asociación cultural Trépia para celebrar o seu tradicional magosto, unha celebración que, como non podía ser doutro xeito, incluíu moita música, baile e festa rachada.

Este magosto, xa convertido nun clásico do outono pontevedrés, ofreceu os seus habituais ingredientes: castañada, tiznada e unha foliada.

Na parte musical foron actuando membros da asociación cultural, que fixeron bailar ao público que se achegou a celebrar a chegada do outono con eles.