Baixo un sol radiante e unha boa temperatura, as máis de 1.000 persoas participantes no desfile de Entroido da Lama empregaron máis de dúas horas en percorrer o centro da vila ao ritmo do sambóromo.
As beirarrúas estiveron repletas de público que seguiu con aplausos e ledicia o paso de comparsas, grupos e disfraces.
Os premiados foron, en categoría individual/parella, A Fentosiña, As Momias e Muller con moito glamour; mentres que na categoría de grupo visitante gañou Moreira a Tope (Soutomaior), seguido de Semente (Salcedo) e Arroutada (Lavadores).
No caso do grupo local o primeiro posto foi para A Pandilla (Ponte Caldelas), o segundo para Zumbeir@s (A Lama) e o terceiro para As Formigas da Lama; Os 100 tolos foron os gañadores das comparsas, Os Solfamidas lograron a segunda praza e As Flores do Carnaval, o terceiro.