Música, da clase que sexa: "Que levante la mano quien tiene ganas de festival"

Pontevedra
24 de agosto 2024

Este venres 23, subiron aos dous escenarios de Río Verbena Fest nove propostas musicais de distintos estilos e, como resultado dalgunha clase de maxia que, cando hai sorte, lógrase nalgúns festivais, lograron unha comuñón público-artista que foi máis aló de gustos individuais. Un festival, e unha noite, "moi universal"

Concertos do venres no Río Verbena Fest 2024
Concertos do venres no Río Verbena Fest 2024 / Cristina Saiz

Avanzouno esta mesma semana Kin Martinez, director de EsmerArte Industrias Creativas: "o que pretendemos é que sexa un festival moi universal". E a terceira edición de Río Verbena Fest xa cumpriu obxectivos na súa primeira xornada.

Este venres 23, subiron aos dous escenarios instalados no recinto feiral nove propostas musicais de distintos estilos e, como resultado dalgunha clase de maxia que, cando hai sorte, se logra nalgúns festivais, lograron unha comuñón público-artista que foi máis aló de gustos individuais. O ecléctico cartel fixo saltar ao mesmo tempo a distintas xeracións.

Parafraseando a un dos cabezas de cartel, Viva Suecia, e o seu álbum 'El amor de la clase que sea', o que se demostrou no Río Verbena é que o que importa é a música, da clase que sexa. Tanto poder ten que vai máis aló de imprevistos e fallos técnicos como o que deixou sen subministración eléctrica durante varios minutos a Siloé. E que os espectadores supliron cantando unha 'Rianxeira'. 

"Me da igual los fallos técnicos, porque eso significa que somos humanos", terminou o seu vocalista/cantautor, Fito Robles, tras pechar unha hora de show cun dos seus temas máis míticos xa, 'Se me necesitas, llámame'. Prometera un gran concerto e logrou que o público se entregase, máis se cabe tras o breve parón. 

Cando Siloé saltou ao escenario, o recinto xa estaba practicamente cheo, cos seus 9.000 espectadores de aforo máximo vibrando. Quentara motores con Joana Romero, Four Passengers, Son dás tabernas e, sobre todo, a proposta clásica de Mikel Erentxun, que se meteu ao público no peto con algunha das cancións máis lendarios de Duncan Dhu e despediuse trasladándoo a unha rúa de París. 

O baile xa corría polas veas do auditorio, que mesmo vivira momentos álxidos como unha pedida de man do cantante de Son das Tabernas, Johnny Güimil, e estaba no momento de exaltación do amor e a amizade, e Siloé elevou as revolucións. 

Desde unha plataforma entre o público, con adaptacións das súas letras pegadas á cidade do Lérez -"aquí, junto a la Peregrina, me invitaste a bailar", comezou-, apostou forte algúns dos seus temas máis coñecidos e, ao son de 'La verdad', lanzou unha pregunta ao aire: "¿Están todos preparados para el mejor concierto de su puta vida?".. E un reto:  "Que levante la mano quien tiene ganas de un puto festival". E ninguén quedou cos brazos abaixo. 

Tres rapaces que chegaron de Valladolid "a hacerles felices" e que, sen dúbida por influencia da súa batería, Jacobo, de Caldas de Reis, chegaron co mapa das prazas de Pontevedra e os municipios veciños ben aprendidos e co seu 'Sangre en las venas' ou 'La niebla' puxo a todos a bailar. 

"En medio de esta noche tan larga, qué nos va a pasar", preguntouse Dani Fernández nada máis saltar ao escenario coa súa famosa 'Dile a los demás'. E, como un agoiro, aínda quedaba noite para moita sorpresa. O ex de Auryn non obviou as referencias á súa antiga banda, lanzou ao público unha petición -"Cuidad este festival"- e fixo que no recinto feiral houbese un 'Clima tropical'. 

Confesou Fernández que "uno de los mejores momentos del concierto", dos seus últimos concertos polo menos, é a súa particular homenaxe á banda "que me cambó la vida". E, á vista da cantidade de abrazos e móbiles que xurdiron nese momento, tamén foi un dos mellores momentos deste show para moitos espectadores.

A súa particular homenaxe a 'Supersubmarina', unha banda que o reflotou cando, tras deixar Auryn, estaba a reformularse o seu futuro, xa anunciou o fin dunha actuación na que confesou ao público que os músicos "no seríamos nada si no compráseis música" e terminou coa súa hiperconocido tema 'Bailemos'. 

Quen quere bailar?, preguntou Dani Fernández na recta final. Con el, dificil foi quedar coas pernas quietas. E todo o público moveu as cadeiras sen descanso tamén no momento álxido da seguinte parada desta "verbena", Vicco. O seu 'Nochentera' foi o colofón da súa actuación e espantou o frío que, xa cara á medianoite, ameazaba o recinto ao pé do río Lérez. 

A cantante mostrouse moi reflexiva, presentando os temas do seu último disco, 'Noctalgia', e non se deixou atrás chiscadelas a outros artistas, unha das constantes do venres en Río Verbena. No seu caso, cantou o tema que comparte con Abraham Mateo, 'Tequiero' e fixo unha versión da famosa 'Pop' de La Oreja de Van Gogh.

A substitución tomouno un dos pratos fortes de Río Verbena e empezou forte. 'No hemos aprendido nada' e 'Los años' inauguraron pasada a medianoite a actuación de Viva Suecia, a máis concorrida da xornada, hora e media de pop-rock tras a que eles mesmos confesaron que percibiran esa comuñón artista-público que se experimentou durante toda a noite.

Así, resumiron: "Ha sido una noche de putísima madre, amenazamos con volver". Galicia, confesaron, "é máxica". Aínda que eles xa o sabían, pois, tal e como lembraron, non visitaron moito a cidade, pero na súa retina quedou marcado un concerto na Sala Karma e si volveron máis veces a gozar da cociña dun "gran amigo", o chef Pepe Solla. 

O propio Solla subiu ao escenario coa súa guitarra para acompañalos. E non foi o único. Tamén Dani Fernández volveu pisar as táboas dúas horas despois do seu show en solitario para interpretar o tema que teñen en colaboración, 'Lo siento'.

Esa conexión co público alimentouna o propio o seu cantante, Rafa Val, que baixou ao foso para interpretar 'La canción delo presidente' e, xa na recta final, meteuse entre o público para 'Todo lo que importa'.

O espectáculo está asegurado cos de Murcia, que apostan por unha posta en escena de conffeti, serpentinas e unha sucesión de imaxes inmersiva. E o vínculo con quen os baila é tal que mesmo logrou que, con 'Hablar de nada', todos se sumasen ás felicitacións a dous descoñecidos, Pablo e María, que casan esta fin de semana en Nigrán. "Y vivan los novos'.

Terminou moi arriba, con 'El Bien' e, aínda que un bo número de espectadores xa esgotados a esa hora, as dúas da madrugada, empezaron a abandonar o recinto, numeroso foi o público que quedou o fin de festa con Michenlo, o DJ influencer de Valga que conquistou ao público ao ritmo de versións dos máis distintos estilos. Non faltou nin Abba.