Multitudinaria Festa da Auga para combater a calor

O Salnés
16 de agosto 2024

Vilagarcía de Arousa viviu este venres 16 de agosto una das súas xornadas máis esperadas e divertidas, coa tradicional Festa da Auga

Festa da Auga 2024 en Vilagarcía
Festa da Auga 2024 en Vilagarcía / EFE / Xurxo Martínez

Para combater a calor, Festa da Auga.

Vilagarcía de Arousa viviu este venres 16 de agosto una das súas xornadas máis esperadas e divertidas, na honra de San Roque e ao líquido elemento.

Con máis de 30 graos no termómetro, pasar pola 'zona húmida' e recibir cubos de auga ou chorros de pistolas foi máis agradable que nunca no medio dunha multitudinaria xornada, e é que as rúas da capital arousá estaban abarrotadas de xente,

Despois dunha longa noite para os que decidiron empezar xa o día 15 cos festexos, a Festa da Auga propiamente dita arrancou ás 11.45 horas da mañá co traslado da imaxe de San Roque ata a capela.

Eran os momentos previos á particular guerra de auga que empezou tras o paso do santo e tras o pistoletazo de saída do pregoeiro desta edición, Fernando Romay. Seu foi o primeiro cubo de auga lanzado á multitude.

Despois chegaron varias horas de diversión, bo humor e sobre todo auga, para reivindicar un ano máis a esta festa como unha das preferidas de veciños e visitantes.

OPERATIVO MUNICIPAL CUN NÚMERO "RELATIVAMENTE BAIXO" DE INCIDENCIAS

Segundo confirmou o Concello de Vilagarcía, a xornada festiva transcorreu cunha relativa normalidade xa desde a noite e madrugada do xoves a venres.

De feito, desde o goberno local falan dun número de incidencias "relativamente baixo" a pesar da gran afluencia de visitantes e ao importante movemento de tráfico.

En concreto os partes do Servizo Municipal de Emerxencias e da Policía Local resúmense en 15 atencións sanitarias (7 traslados en ambulancia e 8 atencións en situ) e cero positivos no centenar de controis de alcoholemia practicados polo corpo de seguridade municipal. A maiores rexistrouse unha pelexa na que resultaron feridos dous homes e cuxas dilixencias intruye a Policía Nacional.

Tamén as queixas por ruído foron "significativamente menores" que anos anteriores, asegura o Concello.

O balance do operativo completouse coas intervencións rexistradas entre as 11.00 e as 15.00 horas, con cinco asisrtencias sanitarias leves atendidas no hospital de campaña da Praza da Peixería, por cortes e contusións leves) e dous traslados ao Hospital do Salnés por senllas intoxicacións etílicas.