Un gran número de nenos e nenas invadiu os xogos inchables instalados polo Concello da Lama na Alameda, dentro do Verán Cultural organizado pola Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX). A xornada, pensada para o disfrute dos máis pequenos e as súas familias, contou con 7 inchables xigantes, un touro mecánico e a festa da escuma, que puxo o colofón ao día.
Os nenos brincaron nos xogos durante todo a xornada ata as sete e media da tarde, cando a escuma cubriu a Alameda de cor branca e diversión.
O alcalde David Carrera destacou a alta participación e a importancia de ofrecer actividades específicas para os cativos dentro do variado programa do Verán Cultural. A empresa 'Diverneno' proporcionou monitores para garantir a seguridade nos inchables, que foron especialmente populares debido ás altas temperaturas.
"O Verán Cultural está pensado para que tanto veciños como visitantes gocen en familia dun variado programa, que inclúe actuacións musicais, teatro, maxia, contacontos, e máis”, explicou o rexedor.