A incidencia do virus da covid-19 no municipio de Poio é das máis altas de Galicia. Por este motivo están a aplicarse as restricións máis estritas de toda a Comunidade desde hai varios días.
A Policía Local de Poio traballa para garantir o cumprimento de todas estas medidas e dentro destas funcións este mércores realizou varios controis para supervisar que se respecta o peche perimetral imposto en todos os municipios.
Despregáronse controis nos accesos e tamén no interior do centro comercial da Barca onde se interpuxeron varias denuncias de incumprimentos.
Desde a Xefatura da Policía Local lembran que a cidadanía debe facer as compras nos seus respectivos concellos.
Tamén fanse controis ás persoas que atravesan a ponte da Barca e reiteran que tampouco se pode estacionar aparcamento do centro comercial por parte daquelas persoas de fóra de Poio.