O 29 de marzo foi a data elixida para celebrar o seu XVI Encontro de Mulleres, unha cita que contou con éxito de participación coa asistencia de 115 mulleres de Soutomaior.
Un evento ao que asistiron a concelleira de Igualdade, Rosana Martínez Boullosa, a concelleira de Promoción Económica, Rosana Comesaña e a concelleira de Medio Rural, Charo Bouzón, e que tivo como obxectivo "fomentar a convivencia e o empoderamento entre as mulleres do municipio".
Esta actividade contou con financiamento por parte do Concello e as participantes tan só tiveron que pagar 25 euros as empadroadas en Soutomaior e 30 euros para as non empadroadas. Un prezo que incluíu todas as actividades e traslados organizados.
A xornada comezou ás 9:00 da mañá coa saída rumbo a Salvarerra de Miño onde tiveron a opción de elixir entre desfrutar as termas ao aire libre ou visitar o Museo da Ciencia do viño.
Trala actividade de mañá tivo lugar o xantar no Cruceiro do Monte, en Tui, e unha vez finalizado o xantar a actividade da tarde trasladouse a Vilanova da Cerveira onde as asistentes tiveron a oportunidade de coñecer a súa feira e o casco histórico.