Mozos da Fundación Juan XXIII reparan os danos na Granxa de Briz e no auditorio de Seixo

Marín
18 de marzo 2014

Realízanse traballos nas varandas, tarima, zona do auditorio, as pasarelas de acceso, bancos e escenario da Granxa de Briz

Obras de reparación na Granxa de Briz
Obras de reparación na Granxa de Briz / Concello de Marín

O Concello de Marín está a executar as obras na Granxa de Briz e no auditorio da Casa de Cultura de Seixo, realizándose a través da Fundación Juan XXIII, con traballos nas varandas, tarima, zona do auditorio, as pasarelas de acceso, bancos e escenario, ademais como na zona do outro estanque.

Os traballos iniciáronse por orde da concellaría de Medio Ambiente que esperou esta mellora do tempo para proceder á súa posta a punto, mellora e labores de mantemento e conservación da Granxa de Briz, unha zona de espazo agradable e de lecer, moi utilizado polos nenos e maiores nun ámbito natural de máis de 20.000 metros cadrados, segundo expón o goberno local.

Segundo se sinala dende o Concello de Marín, as obras realizadas hai máis de tres anos tiveron que sufrir xa varias reparacións e melloras debido a diversos factores. Nas primeiras ocasións, tivo que facer fronte ás obras a empresa contratista facéndose cargo dos gastos, a pesar de que requiriu no Xulgado que foron asumidos o Concello.

Por outra banda, a brigada de obras de Marín está a realizar labores de limpamento e limpeza do lavadoiro de Coirados en San Xulián, a raíz dunha petición dos veciños ao Concello.