Mourente iniciará mobilizacións para que se dote de sumidoiros a O Pazo, Carabelos e Eirós

Pontevedra
31 de maio 2014

Aos veciños de O Pazo, Carabelos e Eirós esgotóuselles a paciencia. A resposta recibida das administracións públicas non gustou a estes veciños de Mourente que anuncian que iniciarán unha serie de mobilizacións para esixir que se dote dunha rede de sumidoiros a estes tres núcleos de poboación. Así o decidiron nunha asemblea celebrada onte á noite no local social de Cons, segundo informan os propios afectados

Asemblea dos veciños sen sumidoiros en O Pazo, Carabelos e Eirós (Mourente)
Asemblea dos veciños sen sumidoiros en O Pazo, Carabelos e Eirós (Mourente) / Cedida

Aos veciños de O Pazo, Carabelos e Eirós esgotóuselles a paciencia. A resposta recibida das administracións públicas non gustou a estes veciños de Mourente que anuncian que iniciarán unha serie de mobilizacións para esixir que se dote dunha rede de sumidoiros a estes tres núcleos de poboación. Así o decidiron nunha asemblea celebrada onte á noite no local social de Cons, segundo informan os propios afectados.

Juan Cagiao Barroso, ata agora portavoz dos afectados, será o presidente do colectivo que acaba de constituírse formalmente. El foi o encargado de informar aos veciños das últimas xestións realizadas e as respostas recibidas do Concello de Pontevedra e do Ministerio de Fomento a través da Subdelegación do Goberno.

Os veciños mostráronse contrariados de que a Xunta de Galicia non respondera aínda á solicitude presentada hai máis de dous meses e acompañada de máis de 250 firmas. Por iso, decidiron redoblar os seus esforzos para que a Consellería de Medio Ambiente dea unha resposta ao problema que padecen os veciños, que non contan con alcantarillado nas súas vivendas, situadas á beira ou nas proximidades da estrada N-541.

Pero ao ser unha estrada de titularidade estatal, as súas presións dirixiranse cara ao Ministerio de Fomento. Especialmente, despois de que este lles recordase que a dotación de sumidoiros é un servizo de competencia municipal, "cando en todo caso a instalación do mesmo sería na zona de afectación da N-541 e tería que contar coa autorización do Ministerio", destaca a plataforma de afectados.

Os veciños recordan ao Ministerio que non lle esixen que instale o alcantarillado, senón que acelere as obras de reposición de beirarrúas e reparación de servizos adxacentes á estrada citada, que Fomento ten previsto desde hai anos e para as cales o departamento de Ana Pastor dispón dun proxecto, como recoñeceu no seu escrito de resposta. Por iso, dirixiranse de novo á Subdelegación do Goberno.

En todo caso, ante a falta de compromiso real das administracións públicas, os veciños entenderon que a súa loita non será de curto prazo e optaron por organizarse para manter no tempo a súa reclamación do servizo de sumidoiros. Será a comisión elixida nesta asemblea a que decida o calendario de mobilizacións.