Un morto e dous feridos nun accidente de tráfico en Vilagarcía

O Salnés
04 de xaneiro 2025
Actualizado: 6:52

Segundo informaron os servizos de emerxencias, un coche que circulaba en dirección a Caldas saíuse da vía pola marxe esquerda chocando contra outro vehículo que estaba aparcado

Hospital do Salnés
Hospital do Salnés / Cristina Saiz

Un home morreu e outras dúas persoas máis resultaron feridas nun accidente de tráfico en Vilagarcía.

O sinistro tivo lugar minutos antes do once da noite deste venres nos Martices, na parroquia de Cea, na estrada que conduce ao polígono industrial do Pousadoiro.

Segundo informaron os servizos de emerxencias, o coche que circulaba en dirección a Caldas saíuse da vía pola marxe esquerda batendo contra outro vehículo que estaba aparcado, en cuxo interior había polo menos unha persoa. No coche causante do accidente viaxaban dúas persoas.

Dúas ambulancias básicas e unha medicalizada, efectivos de Emerxencias e a Policía Local, trasladáronse ao punto onde ocorreu o accidente sen que puidesen salvar a vida ao condutor que se atopaba en parada cardiorrespiratoria.

As outras dúas persoas feridas foron trasladadas ao Hospital do Salnés. Trátase do acompañante do vehículo do condutor falecido e un dos ocupantes do coche aparcado.

A Policía Local investiga as causas do sinistro.