Unha muller de 80 anos de idade faleceu tras sufrir un accidente mentres limpaba as xanelas dun segundo piso en Vilagarcía.
Segundo informaron fontes oficiais da área Sanitaria a muller foi atendida de urxencia no Hospital do Salnés durante esta mañá e faleceu ás 14:20 horas en dependencias hospitalarias, "ao non poder superar as múltiples complicacións metabólicas e anatómicas producidas non incidente doméstico".
Os feitos ocorreron no Piñeiriño. A muller estaba subida a unha escaleira de man co propósito de limpar a cristaleira pola zona exterior cando se precipitou á rúa.
Ata o lugar desprazouse unha ambulancia, que evacuou á muller ao hospital cun forte golpe na cabeza e traumatismos na cadeira, nun brazo e unha perna.