Un home de 59 anos, traballador dunha empresa madeireira, faleceu este xoves nun accidente laboral ao caerlle encima unha árbore mentres realizaba unha talla en Campo Lameiro.
Segundo informou o 112 Galicia, o sinistro produciuse sobre as 13.30 horas deste xoves e segundo a información facilitada pola Garda Civil, o home faleceu esmagado por unha árbore.
Unha patrulla da Garda Civil trasladouse ao lugar do sinistro e, ao chegar, entrevistouse con outros traballadores da mesma empresa, que lle relataron que a un dos xefes caeu unha árbore encima e un tronco de grandes dimensións golpeouno directamente no peito.
O home quedou baixo a árbore e foi auxiliado por varios compañeiros, que tentaron reanimalo ata a chegada da ambulancia do 061.
A continuación, foi alertada o xulgado e o médico forense certificou a morte e ordenou o levantamento cadáver e o traslado do corpo ao Instituto de Medicina Legal de Galicia (Imelga) para que se lle practique a autopsia.