O Servizo Galego de Saúde (SERGAS) notificou este martes un novo falecemento na área Sanitaria de Pontevedra – O Salnés.
Trátase dun home de 83 anos e con outras patoloxías previas, que morreu o pasado 7 de outubro. Con este último deceso son xa 343 as vítimas mortais do Covid nesta área sanitaria desde que se iniciou a pandemia. O número de persoas infectadas que superou a enfermidade e curouse desde marzo do 2020 ascende a 76.478.
En canto á evolución da pandemia o Sergas apunta que se rexistraron 30 novos contaxios de covid nun día, cunha subida dos casos activos, que pasan de 163 a 180. Só compútanse as infeccións de persoas maiores de 60 anos ou vulnerables.
Con este último deceso son xa 343 as vítimas mortais do Covid nesta área sanitaria
En canto á ocupación hospitalaria por estes pacientes contaxiados con covid, hai un enfermo máis. Son 17, 16 ingresados en habitacións de planta e un crítico na Unidade de Coidados Intensivos (UCI) de Montecelo.
A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 1.691, deles 365 son da área da Coruña, 199 da de Lugo, 315 da de Ourense, 180 da de Pontevedra, 229 da área de Vigo, 268 da de Santiago e 135 da de Ferrol.
Do total de pacientes positivos, 2 están en UCI, 121 en unidades de hospitalización e 1.568 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 673.953 persoas curadas, rexistrándose 3.924 falecementos.
Ademais do falecido en Pontevedra, o pasado día 7 de outubro tamén se rexistraron as mortes dunha muller de 92 anos, da área sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras; dúas mulleres de 90 e de 74 anos, da área sanitaria de Vigo e unha muller de 63 anos, da área sanitaria da Coruña e Cee. As persoas falecidas tiñan patoloxías previas.
O número de PCR realizadas é de 3.984.427. O número de dose de vacina contra a covid-19 administradas é de 6.800.956.