O PP foi a forza máis votada nas eleccións autonómicas tamén no Concello de Pontevedra, un resultado que o portavoz local do partido, Jacobo Moreira, interpreta como unha vitoria da súa formación e tamén como un sinal de que o BNG que goberna o municipio está a perder respaldo, pois "ha recibido otro varapalo" e "es el tercero que recibe en menos de un año".
Moreira fixo balance este luns do resultado electoral e insistiu en que o BNG "es ya la cuarta fuerza política en Pontevedra" e o PP case o triplica en número de votos, pois conseguiu 17.839 fronte aos 6.332 nacionalistas. Ademais, destaca que o resultado adquire gravidade tendo en conta que o cabeza de lista pola provincia era Luís Bará, concelleira na actual Corporación e "una aposta personal de Lores".
"Está claro que Lores no sale bien parado de estas elecciones", insistiu Moreira, que confía en que, tras tres citas electorais perdendo votos o BNG de Pontevedra teña "un cambio de actitud", pois este resultado ratifica que "es necesario" que o BNG , "por el bien de todos los pontevedreses", posto que é o partido que está a gobernar, "cambie de actitudes hacia hacia la oposición, que trate de dialogar y buscar acuerdos".
Fronte a este descenso do BNG, destaca que o PP gañou as eleccións en 105 das 106 mesas electorais de Pontevedra, tan só superado polo BNG na parroquia da Canicouva, e obtivo o 42,05% dos votos, un resultado que, ao seu xuízo, significa que "seguimos recuperando día a día la confianza de los pontevedreses".
De feito, o líder dos 'populares' pontevedreses tirou de cifras para explicar que el tomou as rendas do partido no ano 2014 tras unhas eleccións nas que o PP conseguira 8.560 votos e, desde entón, "seguimos la línea ascendente que nos marcamos", pois en 2015 lograron 10.725; nas primeiras xerais do 20 de decembro, 16.266; nas segundas xerais do 26 de xuño chegou aos 17.474; e este domingo mellorou resultados con 17.869 respaldos, un 3,72% e 1.988 votos máis que nas autonómicas de 2012.
"Estamos volviendo a conectar con los pontevedreses", resaltou satisfeito, á vez que analizou que os resultados deste domingo tamén evidencian que o PSOE "parece que renuncia definitivametne a ser unha partido de referencia en Pontevedra" e que o traballo que están a facer "ao que leva é a que o populismo das mareas de Podemos está a comerlles puntos", pois En Marea foi a segunda forza na capital. En relación co partido instrumental, destacou que desde as eleccións do 20 de decembro de 2015, perderon máis de 5.300 votos en Pontevedra"
Moreira, que foi deputado autonómico na última lexislatura, repetiu estas eleccións na lista do PP pola provincia, pero non en postos de saída, senón no número 18. Ante a posibilidade de que a lista se mova e acabe ocupando un escano no novo Parlamento, indicou que nese momento "ya veremos" e tomará unha decisión, pero, en principio, mi prioridad es Pontevedra".
O que si rexeitou é a posibilidade de ocupar outro cargo nalgunha institución, en alusión a un posible salto á política autonómica. "No me lo planteo", asegurou, e insistiu en que a súa prioridade é Pontevedra, ser portavoz municipal e "seguir trabajando por recuperar la Alcaldía de la ciudad".