Moreira: Pontevedra "va en desventaja" nas axudas de ENCE pola "ideología rancia" do Concello

Pontevedra
31 de xaneiro 2017

Na repartición dos tres millóns de euros que Ence entregará a colectivos sociais de Pontevedra, Poio e Marín -como recolle o pacto ambiental asinado entre a compañía pasteira e a Xunta, os veciños da capital "van en desventaja", segundo Jacobo Moreira, ao non contar coa participación do Concello neste proceso

Jacobo Moreira e Miguel Anxo Fernández Lores, antes de comezar o pleno
Jacobo Moreira e Miguel Anxo Fernández Lores, antes de comezar o pleno /

Na repartición dos tres millóns de euros que Ence entregará a colectivos sociais de Pontevedra, Poio e Marín -como recolle o pacto ambiental asinado entre a compañía pasteira e a Xunta, os veciños da capital "van en desventaja", segundo Jacobo Moreira, ao non contar coa participación do Concello neste proceso.

"Lores no va a colaborar con los colectivos, pero el PP sí", asegurou Moreira, que informou que os populares convocaron a unha trintena de asociacións a unha reunión que se celebrará este mércores 1 de febreiro, a partir das oito da tarde, na Casa das Campas para resolver as dúbidas que teñan respecto desta convocatoria de axudas.

O PP, dixo, vai axudar a que estes colectivos poidan optar ás axudas sociais de Ence porque "llevamos mucho tiempo reivindicando que la empresa debía devolverle a Pontevedra todo lo que el municipio le ha dado a lo largo de todos estos años".

Segundo Jacobo Moreira, o tempo demostrou que a "ideología rancia" do BNG neste asunto, sumado aos litixios ou as manifestacións contra Ence, o único que logrou é que os veciños de Lourizán quedáronse sen campo de fútbol.

O pacto ambiental asinouse xa a mediados do pasado ano, polo que os tres millóns correspondentes a 2016 "deberían pagarse", segundo Moreira

O líder dos populares de Pontevedra defendeu que todos os colectivos que queiran participar nesta convocatoria de axudas "no son estómagos agradecidos", senón que tan só se trata de persoas que teñen ideas e proxectos "que non pueden ejecutar sin apoio económico" e que, desde o Concello, "no se les facilita acceder a estas ayudas".

"Lores los quiere a todos sin recursos y decidir quién los tiene y quién no", denunciou o portavoz do PP, que reiterou que eles si defenderán os intereses de Pontevedra "por encima de todo" e actuarán como intermediarios entre os colectivos sociais e Ence para axudar aos primeiros en todos os trámites.

A preguntas dos xornalistas, Jacobo Moreira recoñeceu que aínda que esta convocatoria de axudas corresponde a 2017, o pacto ambiental asinouse xa a mediados do pasado ano, polo que os tres millóns correspondentes a 2016 "deberían pagarse".

LORES FALA DE "COMPRA DE VONTADES"

Preguntado sobre estas axudas, o alcalde de Pontevedra reiterou que, cos tres millóns de euros que se destinarán a asociacións da comarca, Ence tenta "comprar vontades" e tratar de "tapar" o feito de que "deberían marchar" da súa actual localización en Lourizán.

"Nós non imos participar nese xogo", insistiu Miguel Anxo Fernández Lores, para quen este diñeiro son "migallas de pan" que provocarán "fame para mañá".

A actitude, segundo Lores, tanto da Xunta como de Ence a este respecto é un "lavado de cara" de quen ten "mala conciencia" e sinalou que se a empresa cumprise con todos os requisitos ambientais e estivese "legalmente instalada" non tería necesidade de repartir estas "dádivas" entre os veciños da comarca.