Jacobo Moreira indicou que o Partido Popular acudirá á manifestación convocada polo alcalde de Pontevedra en apoio aos afectados polas preferentes sempre que "no sea una maniobra de Lores para utilizar la desgracia de estas personas para hacer política y defender al BNG y atacar al PP ahí no vamos a estar. Con los afectados no se puede jugar como se está jugando". E neste sentido, o portavoz do Partido Popular en Pontevedra engadiu "lo que no puede hacer un gobierno local es limitarse a ponerse una camiseta y llevar una pancarta".
Indicou que o venres acudirán á reunión dos grupos municipais cos afectados polas preferentes no Concello pontevedrés para coñecer en que terminos se desenvolverá esa manifestación. Por outra parte, en relación coa cancelación das contas municipais con NovaGalicia Banco como o grupo socialista reclamou, Jacobo Moreira sinala que "llevamos una temporada en la que se están poniendo la zancadilla. Es una total y absoluta divergencia. Uno dice una cosa, otro le enmienda la plana... es necesario que estén unidos. No se puede hacer demagogia. No tenemos presupuesto porque no se ponen de acuerdo. No hay inversión pública. Lo que necesita Pontevedra es un gobierno unido".
Pola súa parte, o presidente provincial do Partido Popular, Rafael Louzán evitou facer declaracións alegando, a través do seu gabinete de prensa, que "non ten nada máis que dicir sobre este tema".
A portavoz de Marín-Pontevedra, Fátima Entenza, indicou que entenden a complexidade que supón para un concello a anulación das contas bancarias pero "llegado este momento, hay que hacer cosas".
Esta mañá, os voceiros dos afectados en Marín-Pontevedra e de Redondela reuníronse coa deputada provincial, Begoña Estévez, mentres o resto de afectados se concentraba ás portas da institución provincial. Os representantes querían coñecer como se encontran as xestións por parte dos populares para que non se deteñan as arbitraxes.
Ao longo desta xornada do martes 30 haberá unha reunión coa alcaldesa de Marín ás 16:30 horas e os afectados asistirán tamén ao pleno de Poio ás 19:30 horas.