Por primeira vez desde que se coñecese a prórroga do Goberno a Ence, o portavoz do Partido Popular en Pontevedra, Jacobo Moreira, expresou a súa opinión -máis aló dun comunicado de prensa- sobre a continuidade da pasteira en Lourizán.
E o dirixente popular ten claro que, despois de confirmarse que poderán seguir mantendo a súa actividade na ría durante 60 anos máis, a empresa "tiene que devolver lo mucho que la ciudad le ha dado".
"Ence ha conseguido lo que quería, ahora le toca a ellos trabajar por Pontevedra", asegurou este venres o portavoz do PP na cidade, que avanzou que espera manter unha reunión coa dirección da empresa pasteira para, ademais dese investimento "mínimo" que se recolle na resolución asinada por Medio Ambiente e escoitar os seus plans de futuro, "empezar a explorar y explotar las posibilidades de crear empleo".
Neste sentido, Moreira sinalou que "cuantas más inversiones mejor" xa que o comprometido ata agora pola empresa -en base ao cal lle concederon a prórroga durante 60 anos- parécelle que "no es suficiente".
O portavoz do PP, ante as críticas recibidas nos últimos días polo presunto trato de favor do PP á empresa, sinalou que os populares "no somos aliados de Ence", senón que o seu apoio á continuidade da pasteira en Lourizán é polo emprego e a actividade económica que xera na comarca. "Queremos que siga por los trabajadores y para que se cree más empleo", insistiu.
Jacobo Moreira sinalou que unha opción para ampliar os postos de traballo de Ence é que Pontevedra consiga acoller a planta de biomasa de 40MW cuxa explotación concedeu o Goberno á empresa. O alcalde, foi, "ya está tardando" en negociar coa dirección da pasteira e ofrecerlle terreos para esa nova planta porque é "oportunidad y empleo".
Ademais, o Partido Popular pedirá explicacións ao Concello polo diñeiro que, na súa opinión, están a gastar na campaña contra a permanencia de Ence en Lourizán.