Jacobo Moreira, voceiro do Partido Popular local, volveu denominar a Miguel Anxo Fernández Lores como o "alcalde do paro" ante o ascenso da taxa de desemprego en Pontevedra en decembro de 2014 ata o 28,7%.
O líder da oposición municipal entende que esta cifra mostra que Pontevedra é a cidade galega con máis paro e apunta a que "esta é a consecuencia de non contar cun novo PXOM, de deixar morrer o comercio local, de non apoiar ás PEMES e de non atraer industria," sinalou Jacobo Moreira.
Moreira destacou que en España, a taxa de desemprego se sitúa no 23,7% por debaixo das expectativas marcadas polo Goberno central. En Galicia a cifra sitúase en 20,8%. Dende o PP critícase que no presuposto municipal para 2015 só se destine un 0,28% dos case 70 millóns de euros á creación de emprego, cando os populares reclamaban que se destinase, polo menos, un millón de euros.
VISIÿN SINDICAL
O secretario comarcal de UGT, Ramón Vidal, indica que estes datos mostran precariedade laboral son consecuencia da aposta por unha estabilidade cada vez "máis minorada" derivada polo programa laboral que traslada o Goberno Central.
Sobre a situación en Pontevedra sinala que o incremento da taxa de paro se debe á perda de traballo administrativo ante a privatización de servizos públicos e sinala que esta liña non garante unha estabilidade laboral.