Moreira cualifica de "cacicada" a dilación "premeditada" na ordenanza para regular os lombos

Pontevedra
16 de novembro 2016

Para o Partido Popular o atraso que acumula a tramitación da ordenanza para a regulación dos elementos de acougado de tráfico na cidade é unha "cacicada en toda regla" do goberno municipal. Jacobo Moreira asegurou que se trata dunha dilación "premeditada" para non ter que cumprir o que se acordou no pleno da corporación

Jacobo Moreira, portavoz do PP
Jacobo Moreira, portavoz do PP / Mónica Patxot

Para o Partido Popular o atraso que acumula a tramitación da ordenanza para a regulación dos elementos de acougado de tráfico na cidade é unha "cacicada en toda regla" do goberno municipal. Jacobo Moreira asegurou que se trata dunha dilación "premeditada" para non ter que cumprir o que se acordou no pleno da corporación.

En rolda de prensa, o portavoz do PP lembrou que desde o pasado 28 de abril esta ordenanza atópase pendente dunha serie de informes técnicos, entre eles un que inclúe a análise dos máis de 300 lombos que hai en Pontevedra.

Moreira entende que, en todo caso, estes documentos non son necesarios para poder aprobar a nova normativa.

Mentres isto ocorre, apunta o edil popular, o Concello segue instalando elementos de acougado de tráfico tanto no centro urbano como no rural, a pesar de que "yo mismo advertí al alcalde de esto en tres o cuatro ocasiones".

Se esta situación se alonga aínda máis no tempo, o PP asegura que "tomaremos alguna medida dentro de nuestras posibilidades para poner fin a esta paralización".

Jacobo Moreira aclarou que non se trata de levar este asunto aos tribunais de xustiza, senón que estudan botar man dalgún mecanismo administrativo do propio Concello para axilizar a tramitación desta ordenanza.