A negativa do Concello de Pontevedra a colaborar con Ence na repartición de tres millóns de euros anuais a asociacións de Pontevedra, Marín e Poio débese unicamente, segundo o PP, a unha "cerrazón política". Así o denunciou este mércores o seu portavoz, Jacobo Moreira, que advertiu que estes colectivos poderían verse "perjudicados" por "cuestiones ideológicas".
"Estar en contra de la continuidad de la fábrica no es incompatible con pensar en las necesidades de las asociaciones del municipio", destacou Moreira. Neste sentido, sinalou que non é "coherente" a actitude do BNG porque "si no quieren el dinero de Ence que no cojan ni los impuestos" que lle cobra o Concello como a calquera outra empresa.
Moreira asegurou que varias asociacións dirixíronse aos populares "preocupadas" pola falta de información sobre estas axudas e porque Pontevedra está a ser "irresponsable" por negarse a aproveitar esta "oportunidad". Isto provocou xa, un "problema de plazos" pois as primeiras axudas entregaranse antes de final de ano.
O portavoz do PP lembrou que o BNG "siempre dijo que Ence tenía una deuda histórica con Pontevedra y ahora que van a comenzar a pagarla ellos se niegan". Ademais, criticou os "insultos" do goberno municipal ao chamar "estómagos agradecidos" aos colectivos que queren optar a estas axudas sociais.
Por iso, ante a "negativa" e a "pasividad" que ven no goberno municipal, os populares avanzaron que darán un "paso al frente" e reunirase coas entidades susceptibles de recibir estas axudas porque, dixo, "no vamos a permitir que nuestros vecinos sean víctimas de la irresponsabilidad de los nacionalistas".
"El BNG está entorpeciendo el reparto de unos fondos que no son del Concello sino de todos los vecinos", engadiu Jacobo Moreira, que explicou que manterá contactos con estas asociacións para coñeces as súas necesidades e "pensar" nos proxectos que queiran presentar a estas axudas que repartirá Ence nas próximas semanas.
A estes colectivos, dixo, "no les vamos a dejar tirados", aínda que recoñeceu descoñecer aínda que tipo de procedemento se seguirá para a repartición destas axudas ou se existirán unhas bases específicas que regulen a súa concesión.