Moraña volve exceder o limiar dos 1.000 de incidencia acumulada uníndose a Poio, Sanxenxo e Soutomaior

Pontevedra
07 de febreiro 2021

Os municipios da área sanitaria foron dando a coñecer ao longo da xornada os datos de afectación de Covid nos seus respectivos territorios a domingo 7 de febreiro, destacando o aumento de 7 casos producido en Vilagarcía e de 5 en Ponte Caldelas, que volve rozar os 1.000 de incidencia acumulada a 14 días

Probas de detección de covid no Hospital Provincial de Pontevedra
Probas de detección de covid no Hospital Provincial de Pontevedra / Mónica Patxot

Os municipios da área sanitaria foron dando a coñecer ao longo da xornada os datos de afectación de Covid nos seus respectivos territorios a domingo 7 de febreiro.

Destacan neses números o incremento de 7 casos activos en Vilagarcía de Arousa, para un total de 216, situando no seu caso a incidencia acumulada a 14 días é de 540. Tamén sobe en 5 casos Ponte Caldelas (57 en total) con respecto ao sábado, o que lle fai rozar de novo o nivel de risco extremo cunha incidencia de 957.

O que excede ese limiar dos 1.000 casos de incidencia por cada 100.000 habitantes é Moraña, con 47 infeccións activas (1 máis) que lle fan superar de novo o máximo nivel de risco, un nivel no que seguen un día máis Poio con 361 casos a pesar de reducir en tres o seu total (incidencia de 1.763), Sanxenxo que conta con 191 casos cunha importante baixada de 16 menos que o sábado (incidencia de 1.068) e Soutomaior con 159 casos, un menos (incidencia de 2.141).

En canto á capital provincial, Pontevedra conta este domingo con sete casos activos menos para un total de 606 (674 de incidencia acumulada).

Pola súa banda Marín queda con 140 casos activos (-6), Cambados con 61 (+2), Meaño con 37 (+4), Meis con 36 (-3), Ribadumia con 36 (-1), Bueu con 32 (-3), Cuntis con 28 (-2), A Illa con 27 (+1), Barro con 22 (-2), A Lama con 20 (=) e Portas con 17 (=).

A incidencia acumulada a 14 días de cada municipio, a partir dos datos proporcionados polo Servizo Galego de Saúde, pódese consultar no mapa que acompaña a esta información.