A Corporación municipal de Moraña expresou o seu rexeitamento aos tres parques eólicos proxectados na contorna de Amil nun pleno extraordinario ao que acudiron numerosos veciños.
"Pan para hoxe e fame para mañán. Moraña non pode ser 'terra de sacrificio'. Amil sen eólicos", proclamouse nesta sesión plenaria.
Por unanimidade aprobouse un manifesto presentado por estes veciños no que reclaman que o Concello faga un informe negativo sobre o parque eólico de Zudreiro e que conteste á petición da Consellería en prazo.
Ademais, reclaman unha resolución de posicionamento en contra da implantación dos aeroxeradores en Anduriña e Acibal e que se apoie as accións que fagan os afectados.
Igualmente, os veciños reclaman que o Concello posiciónese contra o parque eólico de Acibal e apoie igualmente aos afectados nas súas accións para evitar a instalación deste polígono.
O manifesto veciñal concluía cunha mensaxe:"Alcalde, concelleiros e concelleiras, actuais e futuros: pedímosvos que defendades sen complexos os intereses da veciñanza a quen representades, por enriba dos intereses de proxectos empresariais que só veñen a aproveitarse dos nosos montes, proxectos que cambiarán para sempre a nosa calidade de vida e afondarán sen dúbida no despoboamento do concello".