O goberno local de Moraña recolle as suxestións da veciñanza o inventario de camiños municipais

Umia
08 de outubro 2024
Actualizado: 18:53

O executivo local arrancou o percorrido por Lamas, Laxe, Santa Xusta e Soar, Cerdeiras e Cosoirado e prolongarán esta iniciativa ata o mércores 16 con remate en San Lourenzo

Presentación do inventario de camiños municipais de Moraña
Presentación do inventario de camiños municipais de Moraña / Concello de Moraña

O goberno local de Moraña vén de comezar as reunións por parroquias, que incluirán a contorna urbana de Santa Lucía, para recoller as suxestións e necesidades dos veciños respecto do proxecto de inventario de camiños municipais.

Esta iniciativa comezou a pasada fin de semana cos primeiros encontros nas parroquias de Lamas, Laxe e Santa Xusta e, na xornada do luns, celebrou a convocatoria para os residentes de Soar, Cerdeiras e Cosoirado antes de chegar, o martes, a Rebón.

Posteriormente, as reunións parroquias celebraranse en Gargantáns o mércores 9, en Amil o xoves 10 e no Multiusos de Santa Lucía o venres 11. Para a vindeira semana o luns 14 en Alberguería e pecharase en San Lourenzo o mércores 16.

No inventario de camiños municipais investíronse 18.000 euros e ao documento só lle resta a correspondente publicación no Boletín Oficial da Provincia (BOP) para a apertura da fase de exposición e información pública.

O alcalde de Moraña, Sito Gómez explicou que o obxectivo destas reunións é recoller todas as suxestións "para a súa atención e resolución", que será a curto prazo nos casos e demandas máis sinxelas e que "se tratarán de deseñar, con cronograma e orzamento, para as actuacións de maior calado no marco do presente mandato", segundo asegurou.