O Concello de Moraña está a remodelar a chamada rotonda dos Carneiros, que é a que dá acceso ao casco urbano de Santa Lucía a través das estradas autonómicas PO-226 e PO-221.
Contémplase tamén a dotación dunhas letras co nome do municipio con iluminación ornamental.
Nesta actuación invístense 71.000 euros, e inclúe a renovación do firme e o saneamento e limpeza de toda esta contorna.
O alcalde de Moraña, Sito Gómez, explicou que esta actuación era necesaria "para mellorar a salubridade, a seguridade e imaxe" deste acceso á vila e tamén pola necesidade de aproveitar, a efectos de promoción, un espazo polo que pasan milleiros de vehículos.