Os concellos de Moraña e Campo Lameiro uniron as súas forzas para impulsar o saneamento en dúas das súas aldeas, as de Cerdeiras, na parroquia de San Lourenzo, e Rozas.
Trátase dun proxecto que contará con 112.000 euros de orzamento que consiste na construción dunha Estación Depuradora de Augas Residuais (EDAR) e dous colectores para preto de trinta vivendas da zona.
Esta actuación contará con fondos autonómicos, a través de Vicepresidencia da Xunta de Galicia, que se fará cargo do 70% da contía, polo 15% restante para cada municipio.
A EDAR terá capacidade para atender a un cento de habitantes, mentres que os colectores que darán servizo a cada unha das aldeas terán 127 metros no caso de Cerdeiras e de 157 metros no Rozas.
Unha vez finalizados os traballos, e co obxectivo principal de mellorar o servizo para os veciños e eliminar as fosas sépticas que actualmente hai nas vivendas destes dous lugares, está programada unha obra complementaria para realizar as acometidas domiciliarias.