Monumental enfado de María Rey co PP por non apoiar unha moción de Ciudadanos

Pontevedra
12 de abril 2016

"Como políticos debemos pensar en las personas, no en intereses partidistas". Con esa reflexión comezaba María Rey unha incendiaria rolda de prensa na que denunciou que o Partido Popular foi o único que non apoiou unha moción que Cidadáns presentará no Pleno municipal para mellorar as condicións de vida das persoas ostomizadas

María Rey, na comisión de Mobilidade do Concello
María Rey, na comisión de Mobilidade do Concello / Mónica Patxot

"Como políticos debemos pensar en las personas, no en intereses partidistas". Con esa reflexión comezaba María Rey unha incendiaria rolda de prensa na que denunciou que o Partido Popular foi o único que non apoiou unha moción que Cidadáns presentará no Pleno municipal para mellorar as condicións de vida das persoas ostomizadas.

Así, a portavoz de Cidadáns pide ao Pleno que se dirixa á Xunta de Galicia para que no proxecto de reforma do edificio administrativo de Benito Corbal contémplense baños adaptados para persoas con esta doenza, ao entender que necesitan unhas instalacións adecuadas para poder facer as súas necesidades.

Esta proposta contou co apoio de BNG, PSdeG-PSOE e Marea, pero non cos concelleiros do PP na Comisión de Mobilidade que optaron por absterse, causando un enorme enfado en María Rey.

"No deberían de dedicarse solo a presentar mociones absurdas", denunciou a portavoz de Cidadáns, que asegurou que "empiezo a dudar que haya sensibilidad alguna en ciertos partidos", en referencia á postura mostrada polos populares con respecto a esta moción.

María Rey sinalou que as persoas ostomizadas teñen unha "gran dificultad" á hora de usar os baños públicos, porque estes non están á altura que necesitan. Por iso, aínda que non existe regulamento que o regule, a edil pediu á Xunta que atenda esta necesidade porque "hay que pensar en las personas".

"No hay legislación a este respecto, pero sí hay personas con este problema", engadiu a portavoz de Cidadáns, que convidou aos edís do PP para acompañar a algunha persoa afectada por esta condición no seu día a día porque a súa abstención nunha moción deste tipo parécelle "indignante".