Montecelo mantén sete pacientes na UCI, os máis graves dos 81 hospitalizados por covid-19

Pontevedra
19 de xaneiro 2022

A área sanitaria de Pontevedra e O Salnés atópase ao bordo dos 9.000 casos activos. Hai, concretamente, 8.908. Son 341 máis que onte. Os ingresados nos tres hospitais da área sanitaria son 81, un máis que este martes, dos cales sete se atopan na unidade de coidados críticos de Montecelo

Punto de realización de test de antíxenos de saliva no Pazo da Cultura de Pontevedra
Punto de realización de test de antíxenos de saliva no Pazo da Cultura de Pontevedra / Mónica Patxot

Tras unha nova subida dos contaxios, que nas últimas 24 horas foron 716 segundo os datos do Servizo Galego de Saúde, a área sanitaria de Pontevedra e O Salnés atópase ao bordo dos 9.000 casos activos. Hai, concretamente, 8.908. Son 341 máis que onte.

Os ingresados nos tres hospitais da área sanitaria son 81, un máis que este martes, dos cales sete se atopan na unidade de coidados críticos de Montecelo.

A maiores, atendidos en planta hai outras 74 persoas. Hai 61 en Montecelo, once no Hospital do Salnés e dous no QuirónSalud Miguel Domínguez de Pontevedra.

O resto dos que contraeron o virus, outras 8.827 persoas, atópanse illadas nos seus domicilios e baixo supervisión médica, ao ser asintomáticos ou ter pouca sintomatoloxía.

Desde o inicio da pandemia 32.681 pacientes da área sanitaria superaron a covid-19, 373 nas últimas 24 horas, e rexistráronse 239 falecementos asociados ao virus.

En canto á realización de probas PCR, fixéronse na área sanitaria de Pontevedra e O Salnés un total de 379.010, 620 nas últimas horas. A elas súmanse as 205.553 probas de antíxenos e outras 117.896 probas de detección da covid-19.

INCIDENCIA EN GALICIA

O número de casos de coronavirus en Galicia, pola súa banda, é de 75.961, 2.273 máis que o día anterior. Deles, 15.388 son da área da Coruña, 7.745 da de Lugo, 8.229 da de Ourense, 8.908 da de Pontevedra, 20.348 da de Vigo, 11.365 da de Santiago e 3.978 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 55 están en UCI, 553 en unidades de hospitalización e 75.353 no domicilio. Por agora, en Galicia hai un total de 273.086 persoas curadas, rexistrándose 2.858 falecementos.

Desde o inicio da pandemia realizáronse en Galicia 3.479.139 probas PCR, 6.752 nas últimas 24 horas. Os novos casos abertos desde onte, que inclúen os autodiagnósticos con antíxenos, foron 6.627.