Montecelo mantén 4 pacientes con covid na UCI e 14 en planta, con 325 casos activos

Pontevedra
25 de maio 2021

Segundo os datos do Sergas na última xornada detectáronse 16 contaxios na área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés, que reduce en 7 os seus casos activos de coronavirus

Servizo de Urxencias no hospital Montecelo
Servizo de Urxencias no hospital Montecelo / Mónica Patxot

A Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés conta a martes 25 de maio con 325 casos activos de covid, o que supón un descenso de 7 na última xornada.

Así o reflicte a actualización oficial de datos da pandemia ofrecida polo Servizo Galego de Saúde ás 10.00 horas.

Segundo sinala o Sergas, nas últimas 24 horas detectáronse 16 novos contaxios na área pontevedresa, cifra superada polas 23 altas epidemiolóxicas.

Ademais a Unidade deCoidados Intensivos de Montecelo conta cun paciente menos ingresado para un total de 4, mentres que outros 14 afectados evolucionan en planta no Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra.

Desde o inicio da pandemia superaron a covid 13.674 persoas en Pontevedra e O Salnés, rexistrándose 177 falecementos de pacientes con positivo activo.

En canto á realización de test, nas últimas 24 horas fixéronse 188, que se engaden ás 233.249 efectuadas con anterioridade.

 

DATOS DE GALICIA

A nivel autonómico Galicia conta ao 25 de maio con 2.553 casos activos de coronavirus, o que supón un descenso de 69. Deles 109 persoas atópanse ingresadas en planta (tres menos) e 31 atópanse na UCI (unha menos).

En Galicia faleceron pola  covid 2.412 persoas, tras sumarse un falecemento máis nas últimas horas.