Montecelo despide a 33 residentes que remataron a súa formación coma especialistas

Pontevedra
24 de setembro 2024

Se trata dos profesionais que iniciaron a residencia de 4 anos de duración en setembro de 2020, uns 3 meses máis tarde do habitual por mor do estado de alarma da pandemia do covid

O Hospital Montecelo acolleu o acto de despedida dos 33 residentes que remataron a súa formación coma especialistas
O Hospital Montecelo acolleu o acto de despedida dos 33 residentes que remataron a súa formación coma especialistas / Sergas

O Hospital Montecelo acolleu este mediodía o acto de despedida dos 33 residentes que este martes rematan a súa formación coma especialistas sanitarios nos centros da Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés. 

Se trata dos profesionais que iniciaron as especialidades de 4 anos de duración no mes de setembro de 2020, uns 3 meses máis tarde do habitual, por mor do estado de alarma da pandemia da covid.

A esta última promoción hay que engadir outros 15 profesionais que remataron a residencia no pasado mes de maio, entre os que estaban as disciplinas médicas de 5 anos, e as da Enfermaría, que teñen unha duración de dous anos.

Por especialidades, deses 33 residentes que hoxe rematan a formación, a maioría a compoñen os 13 profesionais de Medicina Familiar e Comunitaria. A estes súmanse 18 facultativos de diversas disciplinas hospitalarias e tamén acadan nesta data o título de especialistas unha enfermeira de Saúde Mental e outra de Enfermaría Familiar e Comunitaria.

En canto ao desenvolvemento do acto, a Área Sanitaria de Pontevedra-Salnés invitou coma padriño da promoción ao doutor Rosendo Bugarín González, médico de familia e xefe de servizo do centro de saúde de Monforte de Lemos e membro numerario da Real Academia Galega de Medicina, quen pronunciou a conferencia maxistral “Os derradeiros consellos ao residente”.