Monte Porreiro organiza o seu desfile de Entroido para o 2 de marzo

Pontevedra
13 de febreiro 2024

Mentres tanto este mércores haberá un baile infantil e presentarase unha pequena exposición no Centro Cultural cos traxes que levaron as comparsas e grupos en anos anteriores

Desfile de entroido en Monte Porreiro
Desfile de entroido en Monte Porreiro / Diego Torrado

A asociación veciñal O Mirador de Monte Porreiro volve festexar o Entroido ao grande coa organización do seu Desfile para o sábado 2 de marzo.

Mentres tanto este mércores haberá un baile infantil e presentarase unha pequena exposición no Centro Cultural cos traxes que levaron as Comparsas e grupos en anos anteriores.

Este desfile sairá ás cinco da tarde desde a rúa Dinamarca onde se concentrarán os participantes para percorrer as rúas: Italia, Alemaña, Irlanda, e terminar nas inmediacións da Escola Taller (á beira do campo de fútbol). 

A entrega de premios terá lugar na Praza de Europa durante a "Queima do porco", que poñerá fin á festa.

Arquivado en