O voceiro municipal, Raimundo González, indicou que na Xunta de Goberno de hoxe se aprobou a renovación de toda a iluminación pública da urbanización de Monte Porreiro. Serán 400 novas unidades que substitúen as de mercurio ou sodio por leds en toda a zona salvo no ámbito do Miradoiro.
O presuposto da primeira fase ascende a 153.000 euros e ademais de renovación supoñerá un aforro enerxético. Segundo sinalou o concelleiro Raimundo González, o cambio a leds, supón aplicar un 80% do consumo e, desta forma, "en tres anos amortizaríase a investimento".
A obra acometeraa SETGA e a garantía dos traballos é de 10 anos incluído o mantemento.
Nunha segunda fase, acometerase noutras zonas como na Avenida de Bos Aires, nos terreos que ocupaba a fábrica de Tafisa.