Chega unha nova entrega da serie "A cociña gourmet en conserva", da man de Conservas Pescamar. Nesta ocasión, imos preparar unha receita de arroz frito que nos trae os aromas da cociña asiática e coa que imos aproveitar todos os beneficios e o sabor das luras en salsa americana.
A lura é rica en proteínas de alto valor biolóxico, en ácidos graxos poliinsaturados omega 3 e en minerais, sobre todo selenio, fósforo, iodo e ferro. Ademais, achega cantidades moi significativas de vitamina B12.
Para preparar unhas saborosas Montañas de arroz con ovo frito e luras en salsa americana Pescamar necesitamos os seguintes ingredientes:
- 4 cunquiñas de arroz de gran longo
- 2 latas de luras en salsa americana Pescamar
- 6 ovos
- 8 lagostinos
- 5 cunquiñas de agua
- 6 allos tenros
- 1 pemento verde pequeno
- 2 cenorias
- aceite de oliva virxe extra
- 2 culleradas de salsa de soia
- medio vaso de viño branco
- sal
- ceboliño picado
Elaboración:
Preparamos primeiro o arroz. Poñémolo nunha pota e cubrimos con auga; por cada cunquiña de arroz, incorporaremos a medida dunha cunquiña máis un cuarto de auga. Poñemos a cocer a lume forte. Cando empece a ferver, baixamos a lume medio e cociñamos uns 12 minutos ou ata que se evapore todo o líquido. Deixamos repousar.
Crotamos en anacos todas verduras e os lagostinos. Nun wok, ou na súa falta unha tixola, poñemos o aceite a quentar a lume alto e as verduras. Deixámolas facer uns minutos sen deixar de remover. Cando se acheguen ao punto desexado, incorporamos os lagostinos, previamente pelados e cortados en anacos, e deixamos ao lume ata que estean cociñados.
A continuación, engadimos as dúas latas de luras en salsa americana Pescamar, previamente escorridas e reservado o líquido, a salsa de soia, o viño branco e o arroz cocido. Movemos ben para que se mesturen todos os ingredientes. Vertemos unha parte da salsa americana que reservamos ata acadar unha consistencia zumarenta. Rectificamos de sal.
Para empratar, usaremos unha cunca como molde. Introducimos a mestura, aplastamos lixeiramente e colocamos cada unha das seis racións nun prato.
Á parte, fritimos os ovos un a un e colocámolos sobre cada unha das seis montañas de arroz. Esparexemos por riba o ceboliño picado ao gusto.
n quince días, os produtos do mar serán de novo protagonistas dunha nova receita de "A cociña gourmet en conserva" de Conservas Pescamar.