Mónica Regueira é a gañadora do concurso de carteis da Feira da Peregrina 2017

Pontevedra
22 de xuño 2017

Mónica Regueira Luna é a gañadora do III concurso de carteis da Feira da Peregrina 2017, que ten por obxecto a elección do cartel oficial deste evento taurino. Esta veciña de Ponte Caldelas é a primeira muller en gañar este concurso co seu traballo que titula "Peregrina bordada"

Cartaz gañador do concurso da Coordinadora de Peñas Taurinas
Cartaz gañador do concurso da Coordinadora de Peñas Taurinas / Coordinadora de Peñas Taurinas

Mónica Regueira Luna é a gañadora do III concurso de carteis da Feira da Peregrina 2017, que ten por obxecto a elección do cartel oficial deste evento taurino.

Esta veciña de Ponte Caldelas é a primeira muller en gañar este concurso co seu traballo que titula "Peregrina bordada".

O concurso está organizado pola coordinadora de peñas taurinas de Pontevedra en colaboración coa empresa Hermanos Lozano actuais xerentes do coso de San Roque. A gañadora levará 500 euros de premio.

Dos traballos presentados para esta terceira edición o xurado tivo que eliminar a dúas ilustracións por non cumprir coas bases do concurso. 

Nos próximos días, a empresa Hermanos Lozano dará a coñecer o contido deste cartel cos nomes dos toureiros e ganderías que se darán cita no coso de San Roque para unhas corridas previstas para os días 6, 12 e 13 de agosto.