Moldes pregúntalle ao goberno de Poio que se vai facer coas festas de San Xoán

Poio
14 de maio 2020

"Tendo presente que o Concello debe garantir a seguridade é unha decisión que nos deben comunicar o antes posible", afirma o portavoz do grupo municipal do Partido Popular a falta dun mes para esa data tan popular no Concello de Poio

Noite de San Xoán 2017 en Poio
Noite de San Xoán 2017 en Poio / Diego Torrado

Ángel Moldes, portavoz do PP en Poio, trasladaba este xoves na Xunta de Portavoces do Concello de Poio a súa preocupación sobre que se vai a facer coas festas de San Xoán. 

O representante popular sinala que queda un mes para esas datas e existe preocupación entre a cidadanía: "aprazarlas ou cambialas de data, coa incerteza que existe, non parece unha opción válida, sobre todo tendo claro que o Concello ten que ter, como máxima prioridade, velar pola seguridade sanitaria da veciñanza". 

Ángel Moldes engade que a xente está a preguntar porque "ademais do valor emocional e cultural, as festas teñen un orzamento importante e se se dedice non facelas é importante saber a que se vai destinar" e lamentou que o alcalde Luciano  Sobral e o resto do equipo de goberno demostrasen que carecen dun plan ou unha opinión respecto diso. "Dinnos que non saben o que van facer", apunta Moldes.

Desde o PP son partidarios de que, en caso de cancelarse, o diñeiro se destine a axudar a autónomos, pequenas e medianas empresas e aos veciños con menos recursos e aos máis afectados pola pandemia.