Mojito de mexillóns en escabeche gourmet Pescamar

Pontevedra
30 de xuño 2018

"A cociña gourmet en conserva" retorna ás aulas doCentro Integrado de Formación Profesional Carlos Oroza. Alumnos e profesores fan equipo unen para crear unha receita onde os produtos gourmet de Conservas Pescamar son os protagonistas

Mojito de mexillóns en escabeche gourmet Pescamar
Mojito de mexillóns en escabeche gourmet Pescamar / CIFP Carlos Oroza

"A cociña gourmet en conserva" retorna ás aulas doCentro Integrado de Formación Profesional Carlos Oroza.

Alumnos e profesores fan equipo unen para crear unha receita onde os produtos gourmet de Conservas Pescamar son os protagonistas.

Nesta ocasión, e para as noites de verán, propóñennos un suxestivo Mojito de mexillóns en escabeche gourmet Pescamar, un cóctel que mestura a mellor tradición cubana co produto estrela das rías galegas: o mexillón.

Ingredientes:

- 1 Lata de Mexillóns en escabeche gourmet Pescamar

- 1 lima

- 1 culleradiña de café de azucre moreno

- 6 cl. de ron tostado

- 1 tónica

- 1 ramallete de menta ou hortelá

Preparación previa:

- Lima: Lavar, cortar en dúas metades e, unha delas, cortala en anacos

- Menta ou hortelá: Lavar e sacar as follas

Elaboración:

Cortamos en anacos media lima e coa outra metade faise zume.

Limpamos e lavamos a menta, quitámoslle as follas e deixamos a parte superior para decorar.

Nun vaso ancho, colocamos a media lima cortada en anacos, o azucre moreno, a menta, o zume de lima e dous mexillóns en escabeche gourmet Pescamar. Facemos un machucado con estes ingredientes.

Engadimos 6 cl. de ron tostado e removemos con xeo pilé ou xeo picado. Finalmente, engádese a tónica.

Presentación:

Presentamos nun vaso de mojito cunha espetada de mexillóns en escabeche, a menta reservada para decorar e unha pipeta coa salsa de escabeche que trae a lata de conservas.

En dúas semanas, os produtos do mar serán de novo protagonistas dunha nova receita de "A cociña gourmet en conserva", de Conservas Pescamar.