Poio converterase esta fin de semana en cita ineludible para os moteiros de toda Galicia, coa celebración da XII Concentración A Rosa dos Ventos.
A organización presentou este martes a programación da cita, que se desenvolve entre o 7 e o 9 de xullo, que mestura rutas en moto, gastronomía e concertos.
O alcalde, Ángel Moldes, que participou na presentación do programa, destacou "a grande implicación, organización e traballo que fan desde o motoclube durante todo o ano para ofrecer aos participantes un calendario de actos "de calidade e moi atractivos, que sitúan xa esta concentración como un referente a nivel nacional e supón un atractivo turístico máis para Poio".
Así, a concentración comeza o venres cunha ruta de antorchas ás 22.00 horas.
Os concertos da banda de rock Awen Cross e os Mojinos Escozíos serán ás 22.45 e 23.45 horas respectivamente.
Xa o sábado, haberá sesión vermut con música rock dos 80 e 90 con Kike DJ, e pola tarde xogos e actividades que precederán a unha ruta moteira polo concello ás 17.00 horas. A degustación de mexilón galego con receita de Pepe Solla será ás 18.00 horas. Ás 20.00 e ás 00.00 horas serán os pases de Stunt a cargo do piloto profesional A.V. Campos. Para rematar o día haberá tamén cea de confraternidade e entrega de diplomas e trofeos.
O domingo, a ruta motera comezará ás 11.00 horas e achegaranse ata o Lago de Castiñeriras, para remantar cunha comida de confraternidade en Poio.
Desde a organización explican que para participar nas comidas e nas degustacións, e utilizar as instalacións habilitadas é preciso inscribirse a través da web do motoclube, www.arosadosventos.com.