"Moitas persoas enteráronse aínda estes días de que tiñan preferentes e están moi disgustadas"

Pontevedra
05 de xullo 2013

Son, en moitos casos, xente "duns 40 anos" que viran a problemática nos medios de comunicación "pero non tiñan nin idea que firmaran preferentes, estaban seguros de que eles non eran afectados". Chegan as oficinas de asesoramento da Deputación, igual que o resto dos afectados, "coa cabeza como un bombo, no entender o que facer nin saben o que firmar", porque durante todo este tempo non fixeran caso do proceso

As oficinas de asesoramento legal a afectados por preferentes e subordinadas están tendo unha "moi boa acollida" e permitíndolle a moitas persoas "tomar unha decisión meditada e libre" que, antes de recibir o asesoramento, non se sentían capaces de adoptar. Así o explicou Iria García, a coordinadora das nove oficinas que puxeron en marcha a Deputación Provincial e a Unión de Consumidores de Galicia.

Pero estanse atopando cunha realidade coa que non contaban. "Desgraciadamente, moitas persoas enteráronse aínda estes días de que tiñan preferentes e subordinadas", sinalou Iria García, o que fai que cheguen ás oficinas de asesoramento "moi disgustadas". Enteráronse, apunta, pola carta que remitiu Novagalicia Banco informando do proceso de canxe por accións e a súa posterior venda.

Son, en moitos casos, xente "duns 40 anos" que viran a problemática nos medios de comunicación "pero non tiñan nin idea que firmaran preferentes, estaban seguros de que eles non eran afectados". Chegan as oficinas de asesoramento, igual que o resto dos afectados, "coa cabeza como un bombo, no entender o que facer nin saben o que firmar", porque durante todo este tempo non fixeran caso do proceso.

ÿ un dos perfís da xente que acude ás oficinas, una asistencia que recoñece foi "masiva" na primeira semana e que agora se comeza a normalizar porque boa parte dos interesados en consultar xa teñen cita, polo que a demanda de atención non programada, aínda que existe, reduciuse. "Tratamos de atendelos a todos de forma persoal e individualizada", explicou. Pero na vindeira semana agárdase un repunte debido a que o prazo para a venda remata o día 12.

A asistencia ás oficinas normalizouse, pero agárdase un novo repunte debido a que o prazo para a venda finaliza o día 12

A coordinadora destas oficinas destacou a "desconfianza e inseguridade" que senten moitos dos afectados por non saber "se ao asinar están facendo ben ou non" e valorou este traballo á hora de achegarlles toda a información posible, clara e neutral para que poidan actuar con maior tranquilidade, aínda que, aclarou, nunca se lle pode garantir ao 100% a ninguén o resultado final dunha reclamación xudicial. "Non todos os xuízos se gañan", matizou.

A iso engádese, di, "que hai xente que non pode tomar unha decisión porque ten medo, porque non se fían o banco e non queren firmar nada". Por iso, reiterou que resulta fundamental que poidan contar con información "totalmente obxectiva". Asegurou que "garantímoslle a todos que do despacho non se vai ninguén mentres non teña as cousas claras, mentres non comprenda completamente a situación para que poida tomar a decisión con todas as garantías".

Tamén están abertos, afirmou Iria García, a volver atender a xente que xa pasara polas oficinas de asesoramento, "xente moi maior que xa firmou a venda das accións e aínda así non quedan tranquilos". E é que explicou que o seu obxectivo é que "a xente poda durmir tranquila de novo". Ou a atender a xente que non sexa da provincia de Pontevedra. "Nós non preguntamos nunca de onde ven cada un, aténdese a todo o mundo".

Con respecto ao funcionamento deste servizo de asesoramento aos afectados, Rafael Louzán sinalou que "a Deputación está facendo o que toca e o que debe, porque queremos garantir que todas aquelas persoas que o demanden teñan a información desde un punto de vista neutral". E insistiu en que o obxectivo da administración provincial é facer todo o posible para que os afectados "poidan cobrar todo o que teñen atrapado neste tipo de produtos".

HABERA PLENO EXTRAORDINARIO SOBRE PREFERENTES

En canto ao pleno solicitado polos afectados por preferentes, o presidente da Deputación, Rafael Louzán, indicou que se celebrará en menos de 15 días, aínda que non poderá será o día 8 porque resulta "materialmente imposible". Lembrou que a Administración Provincial tivo sempre "plena disposición" cara os afectados e nesa mesma liña se seguirá para "lograr o que se logrou ata o de agora, con avances destacados para os afectados".

Louzán asegurou que "Galicia é modélica" nesta materia, como o demostra o feito, destacou, de que hoxe en día sexan máis de 40.000 as persoas que teñen garantida a devolución do seu diñeiro. Un labor, dixo, "que é froito da implicación de todos, desde os alcaldes, ata o presidente da Xunta, pasando polas propias plataformas".