Mogor inaugura cunha visita nocturna o Centro de Interpretación dos seus petróglifos

Marín
04 de xullo 2015

Catro anos despois de terse construído, por fin os veciños de Marín poden gozar co Centro de Interpretación dos petróglifos de Mogor, un dos xacementos arqueolóxicos máis importantes de todo o noroeste peninsular

Visita nocturna aos petróglifos de Mogor
Visita nocturna aos petróglifos de Mogor / Concello de Marín

Catro anos despois de terse construído, por fin os veciños de Marín poden gozar co Centro de Interpretación dos petróglifos de Mogor, un dos xacementos arqueolóxicos máis importantes de todo o noroeste peninsular.

Segundo informa o Concello de Marín, as instalacións abriron as súas portas esta semana cun éxito de visitas.

Os primeiros en visitalo foron os veciños da Barriada de Mogor, que protagonizaron unha ruta nocturna por todo este ámbito. Durante máis dunha hora explicáronse aspectos destes gravados rupestres, como a súa historia, a súa evolución e as investigacións feitas sobre los petroglifos.

A empresa que xestiona a súa apertura ten a disposición dos visitantes o centro de martes a domingo de 11.00 a 13.00 horas pola mañá e de 18.00 a 21.00 horas pola tarde. A entrada é gratuíta.

A idea dos seus xestores é facer, ademais das visitas de día, un recorrido nocturno os venres pola noite se hai grupos interesados.

A apertura de manera continua será só no verán, ata o 30 de setembro. A partir de aí e ata decembro só abrirá para grupos, baixo cita previa. 

Arquivado en