O Concello de Pontevedra presentou no World Urban Forum (WUF) da ONU-Hábitat, celebrado no Cairo, o seu modelo de recuperación de espazos naturais urbanos e rurais como un exemplo de estratexia verde.
O concelleiro de Servizos Urbanos Básicos, Xaquín Moreda, destacou nesta cita proxectos como a recuperación do parque dos Gafos e a Xunqueira da Gándara.
Estas iniciativas forman parte da estratexia verde da cidade e nos que o goberno local está a traballar.
O WUF, que se celebra cada dous anos, reúne líderes e expertos para discutir a urbanización sostible a nivel mundial.
Nesta edición, Pontevedra compartiu mesa con representantes do Ministerio de Planificación Física de Croacia e do Banco Europeo para a Reconstrución e o Desenvolvemento.
Pontevedra é membro do Partnership Greening Cities da Axenda Urbana da Unión Europea, un grupo que elabora un Plan de Acción para reverdecer as cidades e adaptalas ao cambio climático.
A cidade lidera unha das seis accións definidas, centrada en establecer un sistema europeo de indicadores para avaliar a implementación de plans de infraestrutura verde.