Aquelas persoas con idades comprendidas entre os 12 e os 30 anos da Lama terán a opción de participar dunha xornada no parque acuático de Fornelos Wake Park a un prezo de cinco euros.
A Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX) da Lama promove esta acción dentro do programa 'Mocidade A Lama Activa'.
A xornada desenvolverase o martes 16 de xullo, de 17.00 a 20.00 horas, a través dun acordo entre o Concello e a empresa que xestiona o parque acuático.
As persoas interesadas en participar deberán inscribirse na OMIX da Lama ou chamando ao teléfono 986 76 82 38 (ext. 4).
As prazas son limitadas e o prazo de inscrición finaliza cando cubran todas as vacantes.
O Concello da Lama subvención un autobús, que será gratuíto para os participantes, de ida e volta, que partirá ás 16.30 horas e regresará ás 20.00 horas desa xornada.