Este luns 4 de marzon continúan as celebracións do Entroido en Pontevedra. Durante a mañá vai desenvolverse o V Campamento Urbano Entroido Pirata para escolares con idades comprendidas entre os 6 e os 12 anos.
A partir das 17.00 horas, a praza da Verdura acollerá obradoiros de xogos e de disfraces destinados aos máis pequenos.
E a partir das 19.30 horas, a praza da Peregrina será o escenario dunha cita tradicional nestas festas, a presentación do loro Ravachol coa sorpresa de descubrir a indumentaria que o cubrirá durante os vindeiros días, relacionada con algún dos temas de actualidade. Neste acto vai recrearse a botica de don Perfecto Feijoo coa actuación de Comando Foucellas.
Ás 21.00 horas chega unha das citas con máis seguidores no Entroido, o Concurso de Murgas. Celebrarase a primeira eliminatoria deste vixésimo oitava edición no Pazo da Cultura. A entrada é libre ata encher o recinto.
Para ir abrindo boca, Pablo Lubiáns achéganos un vídeo con algunhas das mellores e máis divertidas escenas do desfile do Entroido deste sábado, que contou cunha altísima participación.