Minuto de silencio na Deputación para lembrar ás vítimas do naufraxio do Argos Georgia

Pontevedra
26 de xullo 2024

A homenaxe desenvolveuse nas escaleiras exteriores do Pazo Provincial e Vázquez Almuiña protagonizou a anécdota da cita ao reprochar a súa "falta de respecto" que supuxo a actitude dun grupo de persoas que acudían á Deputación para protestar durante o Pleno e rexeitaron deixar a zona con motivo deste minuto de silencio  

Minuto de silencio para lembrar ás vítimas do naufraxio do Argos Georgia
Minuto de silencio para lembrar ás vítimas do naufraxio do Argos Georgia / Mónica Patxot

O naufraxio do buque pesqueiro Argos Georgia nas Illas Malvinas tamén doe en Pontevedra. Xa o deixou claro esta semana o alcalde da capital, Miguel Anxo Fernández Lores, ao lembrar ao veciño da cidade que sobreviviu ao ocorrido, e este venres fixérono tamén desde a Deputación Provincial.

O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, encabezou unha ampla representación de deputados e traballadores da institución que gardou un minuto de silencio en recordo dos falecidos, entre os que figuran dous veciños da provincia, de Baiona e Vigo.

Tras o silencio, chegou un longo aplauso, pero os presentes rexeitaron realizar declaracións, respectando a solemnidade do acto. 

Entre as persoas que se sumaron ao minuto de silencio estaban varios deputados provinciais, entre eles, o deputado e alcalde de Baiona, Jesús Vázquez Almuíña, ao que a traxedia tocou moi de preto porque entre os falecido está Santiago Leyenda, veciño da localidade.

O outro pontevedrés falecido foi César Acevedo, veciño de Vigo, e entre os 27 tripulantes do buque tamén había outro pontevedrés, Francisco Goldar, natural de Marín e veciño de Pontevedra cidade, que figura entre os sobreviventes. Os tripulantes eran 10 españois, 8 rusos, 5 indonesios, 2 uruguaios e 2 peruanos. Deles, 9 faleceron, 14 sobreviviron e hai catro que seguen desaparecidos, entre eles, dous veciños de Ribeira e Noia.

O minuto de silencio desenvolveuse nas escaleiras exteriores do Pazo Provincial e Vázquez Almuiña protagonizou a anécdota da cita ao reprochar a súa "falta de respecto" que supuxo a actitude dun grupo de persoas que acudían á Deputación para protestar durante o Pleno e rexeitaron deixar as escaleiras con motivo deste minuto de silencio. Eran veciños de Pazos de Borbén que reclaman a reforma da estrada entre Os Valos e Amoedo.

Os ministerios de Asuntos Exteriores e Defensa enviaron este venres ás Illas Malvinas un avión do Exército do Aire e do Espazo para repatriar ás españois vítimas do naufraxio, tanto aos seis sobreviventes como aos cadáveres dos dous falecidos. A previsión é que cheguen a España ao longo da fin de semana.